Denuncia que “o PP non considera a educación un sector económico polo que non se lle presta atención a mellorar a calidade de vida nos colexios e nos institutos, para as nenas e os nenos de Galicia, que si atende na hostalaría”.

Brais López: “Existe un deterioro severo da saúde mental na infancia e na mocidade, que é directamente atribuíble a manter de forma abusiva medidas COVID nos espazos de vida da mocidade”. “A Xunta de Galicia abandonou a saúde mental dos menores de 18 anos”

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2022

O Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas (XSG), Xurxo Doval, criticou a discriminación da mocidade e da infancia nas medidas establecidas durante a pandemia. Doval advertiu que UNICEF xa criticou no seu informe sobre o Estado Mundial da Infancia do ano 2021 xa puña sobre a mesa a incidencia grave que as medidas contra a COVID-19 estaban a ter na saúde mental da infancia e a mocidade.

Advirte que “este problema ten un nesgo contra os menores pertencentes a fogares menos favorecidos que teñen máis dificultades para propoñer alternativas de ocio, socialización e acompañamento aos seus fillos e fillas”. Sinalou que organizacións como Save the Children presentaron datos contundentes: a incidencia de problemas de saúde mental nos menores derivada da pandemia estase a triplicar”.

O último desleixo cara a infancia e a mocidade foi non implementar o establecido no Real Decreto respecto do abandono da máscara nos patios: “Mentres que o conxunto da cidadanía pode desfrutar dun café sen máscara nunha cafetería, dous nenos non poden estares sen máscara no patio do seu colexio. Ninguén entende xa a irracionalidade dos protocolos establecidos, sexan recomendacións ou imposicións: Á Xunta non lle preocupa a vida dos escolares”.

Denuncia que “o PP non considera a educación un sector económico polo que non se lle presta atención a mellorar a calidade de vida nos colexios e nos institutos, para as nenas e os nenos de Galicia, que si atende na hostalaría”.

Brais López, Secretario de Educación das Xuventudes Socialistas, Sinala o abandono que está a sufrires a mocidade menor de 18 anos, a cal non vota, pero ten tanto dereito como calquera outro ou outra a desfrutar e tentar pasar páxina paulatinamente tras dous anos sumidos na inquedanza e na redución das súas relacións sociais.

Critica a desatención á hora de levar adiante a paulatina desescalada nos espazos de vida da mocidade e das nenas e nenos: “Despois de seis meses de confinamento, os menores de 18 anos sufriron un curso educativo cheo de restricións que, de xeito colateral, propiciaron unha redución das interaccións socias nunha etapa na que as mesmas resultan primordiais e necesarias. Pensar que isto non ten un impacto na saúde mental da infancia e a adolescencia en pleno desenvolvemento e negar a realidade”.

Engade que “Despois dun primeiro curso escolar moi duro, o estudantado volveu a un segundo curso, no que despois de ter vacinada a toda a poboación vulnerable se lle seguía exixindo manter un réxime de vida aberrantemente estrito”.

Brais López: “Existe un deterioro severo da saúde mental na infancia e na mocidade, que é directamente atribuíble a manter de forma abusiva medidas COVID nos espazos de vida da mocidade”. “A Xunta de Galicia abandonou a saúde mental dos menores de 18 anos”.

Xuventudes Socialistas de Galicia