Supón unha cifra récord de 2.134 millóns, 96 millóns máis que o curso pasado.

Estímase que a Beca chegue a 1,1 millóns de estudantes.

Prazo para a presentación: Do 30 de Marzo ao 12 de Maio.

“A Xunta ten que remar na mesma dirección e adaptar os prazos das súas bolsas aos do Ministerio”.

Santiago de Compostela, 17 de Marzo do 2022

O estudantado logrou acadar unha reivindicación histórica, por primeira vez contará coa resolución da beca MEC antes da tramitación da súa vindeira matrícula, correspondente ao seguinte curso académico. Isto supón que as mozas e mozos sexan coñecedores de antemán tanto da súa aprobación coma da cantidade económica que lles corresponde.

Este cambio implántase a través dunha modificación nos períodos para a presentación da solicitude, a partires de agora esta terá que realizarse entre o 30 de Marzo e o 12 de Maio. Naqueles casos nos que as persoas interesadas estean a cursar 2º de Bacharelato e vaian a realizares a ABAU, a tramitación das mesmas será realizada pola propia Universidade. Brais López, Secretario de Educación clama que “este avance servirá para esclareceres o futuro de tantos compañeiros e compañeiras que ano tras ano sufrían a incerteza da aprobación da beca”.

“Non soamente se modificaron os períodos, senón tamén o presuposto total”, o cal ascende ata unha cifra récord de 2.134 millóns de euros, o que se traduce nun incremento de 96 millóns con respecto ao exercicio anterior. Segundo datos do propio Ministerio, cóntase con que estas axudas afecten a un total de 1,1 millóns de estudantes, “se as cifras previstas se cumpren, estaríamos a falar de que 200.000 compañeiros máis poderán desfrutar dela”. Os datos non fan máis que abalar o paulatino e continuo incremento destas subvencións dende que o Partido Socialista está á fronte do executivo; segundo datos do propio Ministerio, dende o ano 2018 ata o 2021 o presuposto destinado ás becas viuse incrementado un 37,8%.

Sen embargo non todo son sorrisos e boas novas, en palabras do Secretario Xeral, Xurxo Doval: “Mentres que Feijóo anda de tour turístico por España perseguindo un obxectivo e unha meta persoal, a Xunta de Galicia atópase sen rumbo e á deriva”, non hai máis que ver a súa “pasividade crónica e o seu desleixo” polo estudantado. Esquécese de que estamos a falares dunha reivindicación histórica que non fai máis que facilitar a toma dunha complicada decisión, porque dende logo na Galicia hai miles de estudantes que “dependen directamente destas axudas”, e non soamente para poder desfrutar do seu tempo de lecer, senón para “pagarse un aluguer case insostible e poder chegar a fin de mes dunha forma medianamente digna”.

López esíxelle á Xunta que “ten que remar na mesma dirección e adaptar os prazos das súas bolsas aos do Ministerio”. Precísase dunha coordinación entre ambas institucións para fortalecer os intereses dos e das estudantes, dende logo non resulta nada doado de entenderes que os prazos sexan totalmente distintos e o estudantado sexa coñecedor de antemán de unicamente unha axuda, sorprendentemente a mais lonxa tendo en conta o nivel de proximidade institucional. Engade que “Feijóo deixou claras as súas prioridades, e entre elas non estamos os estudantes”, os cales con esta modificación ven máis cerca a posibilidade de emanciparse dunha forma racional ao teres claros uns ingresos fixos para o vindeiro ano académico.

Xuventudes Socialistas de Galicia