As Xuventudes Socialistas de Galicia realizaron en Ourense unha rolda de prensa co gallo do Día de Europa xunto co eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, e a secretaria xeral local, Alba Iglesias.
Alba Iglesias García, secretaria xeral das XSG Ourense, sinalou que: “”nós, a xuventude das pequenas cidades á sombra das grandes urbes europeas, somos a que se sinte máis alonxada do que significa a Unión Europea”.
Iván Losada, secretario de Comunicación de XSG, critcou a nefasta xetión de Feijóo coas axudas europeas cando ” o orzamento xeral en áreas como xuventude ou en políticas para emprego mozo non é que non crecesen nunha proporción semellante co incremento que significaron os NG, é que diminuíron, como no caso da mellora de cualificación no emprego nun 40%”.
Nicolás García Casares, eurodeputado do PSdeG, denunciou a parálise da cidade e da provincia sinalando que “Nada se espera cando hai un Centro de Atención a Persoas con Discapacidade que está paralizado e que corre o risco de perder os fondos que o están financiando da Unión Europea”.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022
As Xuventudes Socialistas de Galicia realizaron en Ourense unha rolda de prensa co gallo do Día de Europa. Participaron o eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, e a secretaria xeral local, Alba Iglesias. A rolda de prensa foi diante da estatua de Otero Pedrayo na praza do Correxedir, por ser “un europeísta adiantado ao seu tempo, de fondas raíces galeguistas, como as que viven hoxe no PSdeG”.
A secretaria xeral da cidade, Alba Iglesias, comezou a intervención sinalando que “Europa debe abrir as súas institucións á mocidade para que sexa partícipe directa do futuro dun proxecto integrador e de cooperación común”. “Europa ten que chegar a todos os recunchos do continente e a tódalas persoas que o habitan”, engadiu.
A líder ourensá, tamén quixo sinalar que “nós, a xuventude das pequenas cidades á sombra das grandes urbes europeas, somos a que se sinte máis alonxada do que significa a Unión Europea” por iso considera que “a mocidade debería ter sido a protagonista da Conferencia sobre o futuro de europa, como resposta dunha xeración unida antes as forzas do pasado da extrema dereita”
Pola súa banda, Iván Losada, secretario de comunicación de XSG, denunciou a nefasta xestión de Feijóo coas axudas europeas ” o orzamento xeral en áreas como xuventude ou en políticas para emprego mozo non é que non crecesen nunha proporción semellante co incremento que significaron os NG, é que diminuíron, como no caso da mellora de cualificación no emprego nun 40%”.
Losada amosou a sorpresa da organización “cando en políticas de vivenda no ano 2020 tan só executou o 56,5%, e no 3 trimestre de 2021 un 29,2%”. “Dende 2010 máis de 10 mil millións de euros sen executar en política oficiais malia contar co apoio de fondos e axudas externas”, engadiu, reivindicando a necesidade dunha alternativa socialista e europeísta, centrada en avanzar no benestar, na unión fiscal e en educar en valores que permitan unha nova Constitución Europea.
Nicolás García Casares, eurodeputado do PSdeG, denunciou á paralise que vive a cidade e a provincia de Ourense é que son o Goberno de España e a Unión Europea ás que permiten que Ourense avance, denunciando a inactividade da Xunta de Galicia co territorio ourensán: “Nada se espera cando hai un Centro de Atención a Persoas con Discapacidade que está paralizado e que corre o risco de perder os fondos que o están financiando da Unión Europea”.
Xuventudes Socialistas de Galicia