As Xuventudes Socialistas destacan a solidez do colectivo LGTBI.
As Xuventudes Socialistas presentaron en Santiago de Compostela a súa campaña cara o Orgullo 2022. A campaña foi presentada baixo o lema “Galiza resiste con orgullo”.
Xurxo Doval, secretario xeral, sinalou que “é loable a rectitude e mobilización social coa cal o colectivo responde ante cada golpe que recibe nun intre onde as agresións escalan e Rueda négaas co seu silencio”.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2022
As Xuventudes Socialistas de Galicia presentaron este Xoves a súa campaña cara o Orgullo 2022. A campaña foi presentada en Santiago de Compostela baixo o lema “Galiza resiste con orgullo”.
Pretenden salientar a resistencia do colectivo no país cando “o odio está a volver ás rúas e a Xunta se limita a aplicar un PIN institucional para non falar de dereitos”.
Dende a organización socialista, animan á cidadanía galega a saír a reivindicar unha igualdade plena entre as persoas. Unha igualdade “sen ter en conta a súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero”.
Tamén amosan o seu rexeitamento a unha xestión inexistente na materia polo PPdeG. Tan só destina 0,0002% dos orzamentos ao colectivo e manter equipos de goberno lgtbifóbicos, como o de Ourense con Jácome.
Xurxo Doval, secretario xeral, sinalou que “é loable a rectitude e mobilización social coa cal o colectivo responde ante cada golpe que recibe nun intre onde as agresións escalan e Rueda négaas co seu silencio”.
O secretario xeral tamén indicou que “Se todo vai tan ben no país, por que somos a 3 rexión con maior taxa de discriminación laboral? Por que nos 3 últimos meses vivimos máis de 5 agresións homófobas? (a última a semana pasada)”.
O líder socialista lembrou que “ante a ineficacia do PPdeG están as respostas socialistas”. A Lei Zerolo, froito doutras tantas leis precursoras, como fora a Lei LGTBI autonómica (do PSdeG) que, tristemente, Rueda descoñece, ben por desinterese, ou ben por interese político e electoral”.
O mozo socialista fai un chamamento a encher as rúas nas mobilizacións convocadas por todo o país. Tamén animou e a asistir á lectura do manifesto de XSG. Dita lectura será na Alameda de Compostela o sábado 25 ás 11:30 xunto a estatua de Federico García Lorca.
Xuventudes Socialistas de Galicia