As Xuventudes Socialistas estiveron esta mañá repartindo na cidade unha serie de flyers onde propoñen unha batería de medidas favor dun sistema educativo máis accesible en primaria, secundaria, FP e Universidades ante unha Xunta desaparecida

 

Eduardo Astray, secretario xeral de Coruña, sinalou o “compromiso innegable de Inés Rey coa educación, sendo pioneira no país en apostar pola gratuidade das escolas infantís e con programas como ‘Idiomas do Mundo’ ou ‘Acoreuropa’ que dinamizan a formación e aprendizaxe noutros países para os cativos e os estudantes de FP”.

 

Xurxo Doval, secretario xeral da organización, denunciou que “esta semana estamos vendo o discurso baleiro que quere mudar España sen ter mudado Galicia nos últimos 10 anos, deixándoa sen docentes, aulas, calidade investigadora, estudantes…”

Santiago, 27 de setembro de 2023

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) estiveron esta mañá repartindo na cidade unha serie de flyers onde propoñen unha batería de medidas favor dun sistema educativo máis accesible en primaria, secundaria, FP e Universidades ante unha Xunta desaparecida

No campus da Elviña estiveron defendendo medidas como a gratuidade da primeira matrícula universitaria, o desbloqueo das bolsas universitarias, a mellora da conectividade do bus…pero tamén reivindicaron unha Formación Profesional de calidade que “se vexa pervertida por un desmantelamento encuberto a través da semipresencialidade”.

Eduardo Astray, secretario xeral de Coruña,  sinalou o “compromiso innegable de Inés Rey coa educación, sendo pioneira no país en apostar pola gratuidade das escolas infantís e con programas como ‘Idiomas do Mundo’ ou ‘Acoreuropa’ que dinamizan a formación e aprendizaxe noutros países para os cativos e os estudantes de FP”.

Xurxo Doval, secretario xeral da organización, denunciou que “esta semana estamos vendo o discurso baleiro que quere mudar España sen ter mudado Galicia nos últimos 10 anos, deixándoa sen docentes, aulas, calidade investigadora, estudantes…”.

Dende a organización buscan espertar o pensamento crítico da mocidade galega ante o estado “lamentable” dun sistema educativo lapidado pola xestión de Feijóo.

                             

Xuventudes Socialistas de Galicia

Xurxo