As Xuventudes Socialistas estiveron esta mañá na praza Roxa de Santiago, pechando a súa campaña “Revolta nas aulas” na que propoñen unha serie de iniciativas para mellor o sistema educativo
Iago Carril, secretario xeral local, recalcou que “os estudantes non queremos que a educación universitaria sexa un luxo, que se nos remunere as prácticas e que unha materia suspensa non sexa un agravio para as familias”
Xurxo Doval, secretario xeral nacional, sinalou que “ás portas do Debate do Estado da Autonomía, pechamos unha campaña con ideas e propostas para mellorar o sistema educativo, ante un Rueda que xa está pensando en salvar o seu asento na Xunta”
Gonzalo Muíños, voceiro municipal, criticou o “constate non de Rueda a Santiago e a súa mocidade, con ferramentas tan importantes como a Escola de Idiomas ou o Conservatorio de Danza”.
Santiago, 5 de outubro de 2023
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) estiveron esta mañá na praza Roxa de Santiago, pechando a súa campaña “Revolta nas aulas” na que propoñen unha serie de iniciativas para mellor o sistema educativo. Estiveron acompañados do voceiro do grupo municipal, Gonzalo Muíños.
Entre as medidas destacan a primeira matrícula gratuíta na universidade, financiación completa do comedor escolar, paralización do desmantelamento da FP presencial, melloras na conectividade online e transporte…
Iago Carril, secretario xeral local, recalcou que “os estudantes non queremos que a educación universitaria sexa un luxo, que se nos remunere as prácticas e que unha materia suspensa non sexa un agravio para as familia.
A organización lembra que Santiago destaca pola presenza universitaria bastante condicionada pola inaccesibilidade a un aluguer en condicións vivas.
Xurxo Doval, secretario xeral nacional, sinalou que “ás portas do Debate do Estado da Autonomía, pechamos unha campaña con ideas e propostas para mellorar o sistema educativo, ante un Rueda que xa está pensando en salvar o seu asento na Xunta”.
O líder animou ao Presidente a “ser valente e deixar as cañas coas amizades e tomarse unhas cañas cos estudantes de FP aos que lles recorta a docencia presencial, ou cos pais e nais que ven como sube o prezo do comedor e incluso cos universitarios que viven o curso máis caro da historia”.
Gonzalo Muíños, voceiro municipal, criticou o “constate non de Rueda a Santiago e a súa mocidade, con ferramentas tan importantes como a Escola de Idiomas ou o Conservatorio de Danza”.
Xuventudes Socialistas de Galicia
Xuventudes Socialistas de Galicia