As Xuventudes Socialistas reflexionaron sobre a pésima situación de Galicia tras 10 anos de ‘nubarróns e chubascos’ de desmantelamento dos servizos públicos

 Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, enfatizou que “existe outro xeito de facer política: a de priorizar unha vivenda digna para a xente nova; a de controlar os abusos de Monbus e Alsa; a de elevar o noso potencial investigador e a de dignificar os nosos salarios”

Santiago, 20 de outubro de 2023

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) reflexionaron este venres en rolda de prensa sobre a pésima situación de Galicia tras 10 anos de ‘nubarróns e chubascos’ de desmantelamento dos servizos públicos.

Baixo o refrán de “Nunca choveu que non escampara” lanzan así unha precampaña que anuncia unha mudanza no panorama político galego trala chegada de José Ramón Gómez Besteiro como candidato á presidencia da Xunta de Galicia.

Dende a organización sinalan que xa comezaron a traballar na elaboración dun programa político de cara as eleccións autonómicas moi centrado na problemática da vivenda e do transporte, onde consideran que o PP aplicou “a Lei do mínimo esforzo”, sen renunciar a outras bandeiras como “as do colectivo LGTBI, o feminismo, a saúde mental, a ludopatía e, como non, a do emprego digno”.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, enfatizou que “existe outro xeito de facer política: a de priorizar unha vivenda digna para a xente nova; a de controlar os abusos de Monbus e Alsa; a de elevar o noso potencial investigador e a de dignificar os nosos salarios” máis aló da “tormenta do NON” que supuxo o PP para Galicia.

O líder socialista sinalou que “Rueda expuxo no Debate do Estado da Autonomía unha Galicia irreal máis propia dun exceso de cañas de precampaña ca dun Presidente que pise chan todos os días”.

O mozo engadiu que malia esta tormenta “sopra vento de cambio en Galicia, e soprámolo Besteiro e as XSG”, sinalando así como unha magnífica nova que o socialista lucense encabece ao PSdeG cara as eleccións autonómicas. “Dende o mércores imos recargados de enerxía para transformar a climatoloxía da política galega”.

Finalmente, a organización moza considera que “Rueda está amortizado e que o seu ciclo remata con estes orzamentos”.

Xuventudes Socialistas de Galicia

Xurxo