Xuventudes Socialistas: “Temos a capacidade política suficiente e demostrada para activar o novo tempo”

 

  • A Organización moza reuniuse este sábado para escoller a súa delegación para o Congreso Extraordinario do PSdeG, onde sinalan que van facer valer o seu “traballo e acción política”.

 

  • Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, sinalou que “o proxecto de futuro do PSdeG débese construír coa mirada do presente, baixo a luz do pasado, pero sen embriagarse deste”

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2024

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) reuníronse en Santiago de Compostela este sábado, para escoller a súa delegación para o Congreso do PSdeG, onde sinalan que van facer valer o seu “traballo e acción política”.

A representación da organización estará conformada por unha delegación directa de 22 mozos e mozas á que se lle sumarán outros presentes nas delegacións das Agrupacións Locais do partido. “Teremos unha ampla representación nun Congreso que aspira a corrixir os erros dos últimos 15 anos, non imos perder o tempo”.

A organización socialista reafirma o seu peche de filas con Besteiro, con quen afirman ter “boa sintonía e complicidade á hora de traballar” e sinalan a súa lealdade e compromiso co partido nos últimos anos “así llo demostramos á anterior dirección, e ao secretario xeral electo na carreira do 18F”.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, destacou que “ a organización amosou ter a destreza de desenvolver un proxecto político na Convención do PSdeG e que se materializou nun concreto e ambicioso programa mozo en febreiro”.

O líder mozo considera que “o proxecto de futuro do PSdeG débese construír coa mirada do presente, baixo a luz do pasado, pero sen embriagarse deste. Necesitamos caras novas e xente nova, que podan e queiran activar o partido e impulsar a Besteiro. Existe un socialismo traballador e disposto a romper teitos e tapóns”. “Debemos levantar a áncora do pasado e comezar a navegar atrevidamente”.

O mozo socialista destacou “a boa imaxe que trasladan os compañeiros/as que accederon á alcaldía, ou que exercen como concelleiros/as de Goberno ou oposición, dende o ano pasado. Todas amosan a nosa potencialidade”.

“Temos a capacidade política suficiente e demostrada para activar o novo tempo” sentenciou finalmente o secretario xeral.

PNL PRIMEIRAS MATRÍCULAS UNIVERSITARIAS

RUEDA E OS 40 MENTIREIROS

Por outra banda, o secretario xeral de XSG reivindicou que unha das primeiras iniciativas rexistradas polo PSdeG foi da organización moza, concretamente a as matrículas gratuítas.

“Este xoves rexistrouse unha PNL onde lle pedimos á Xunta a gratuidade das primeiras matrículas universitarias de Grao e de Máster. A maiores tamén solicitamos a redución das segundas e sucesivas matrículas” sinalou o mozo socialista, que adiantou que “tamén pediremos a creación dunha liña de axudas para cubrir o gasto de luz, auga, wifi e gas para os estudantes con máis dificultades”.

Dende a organización moza consideran que o PP esquecerase do prometido en campaña e votarán en contra. “En vez ter a Alibaba e os 40 ladróns, afrontarémonos a Rueda e os 40 mentireiros”, destaca Xurxo Doval.

Xuventudes Socialistas de Galicia

Xurxo