• A organización moza celebra o anuncio do Goberno de España de promover 1200 vivendas públicas de alugueiro social en Galicia, ao que se lle sumou o 1º Gran Acordo de País de Besteiro para abordar a problemática da vivenda

 

  • Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, sobre a investidura de Rueda considerou que “asistimos á crónica dun mandato de promesas fallidas”

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) valoraron este venres o anuncio do Goberno de España para abordar o problema de acceso á vivenda, que se vai traducir na promoción de 1200 vivendas públicas de alugueiro social en Galicia e unha inversión estatal de 58M de euros.

A organización socialista destaca o avance social en este tipo de políticas dende 2018, que “en Comunidades como a nosa, están paralizadas polo PP, tan só cómpre ver a paralización do Abono de Aluguer”.

Dende a organización sinalan que a política de vivenda é algo prioritario para o Partido Socialista, porque “é un problema real da xuventude que destina máis do 60% dos seus ingresos a pagar un aluguer”.

 

“Nun país como Galicia, onde máis de 250 mil mozos non se poden emancipar, cómpre desbloquear e actuar”, denuncian unhas xuventudes que pelexarán por “ese 1º Gran Acordo de País defendido por Besteiro na Investidura”.

Construción de 2500 vivendas públicas anuais, control das vivendas turísticas, rehabilitación da vivenda baleira, duplicar o bono de aluguer e facer cumprir a Lei Estatal de Vivenda coas zonas tensionadas, son algunhas das medidas defendidas onte polo PSdeG.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, asegurou que “Queda claro que a nova prioridade lexislativa do PSdeG será a mocidade, e nós imos traballar para marcar esa axenda tan necesaria no país”.

O líder mozo, sobre a investidura de Rueda considerou que “asistimos á crónica dun mandato de promesas fallidas”, e lembra que “xusto en materia de vivenda pretende facer o que non fixo en 14 anos”.

O socialista expuxo algúns datos como a construción de 21 vivendas de alugueiro social entre 2014 e 2022 pola Xunta; a escasa execución das axudas de acceso á vivenda (un 8% en  2022); ou que en 14 anos construíron tanto como o Bipartito en 4.

Xuventudes Socialistas de Galicia

Xurxo