- A organización fixo un chamamento á cidadanía a concentrarse diante das sedes locais do PSdeG o sábado 27 de abril ás 11:00H da mañá porque “isto xa non vai do PSOE, vai de todas nós”.
- Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, condenou “a existencia dunha camarilla de poderes fáticos ao servizo da dereita, que fai e desfai ao seu antollo. Queren o Goberno para usar o BOE, o resto de poderes téñennos dende o 36”.
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) fixeron esta mañá un chamamento a concentrarse diante das sedes locais do PSdeG o sábado 27 de abril ás 11:00H da mañá porque “isto xa non vai do PSOE, vai de todas nós, pola dignidade democrática”.
Dende a organización moza animan a protestar contra “unha campaña de bulos, de mentiras e barro, onde todo vale co fin de acadar o poder”. “O Presidente do Goberno non está solo, todos sentimos o cansancio de aturar día si e día tamén, á basura estrutural da dereita”.
A organización alerta de que “se hoxe poden facer caer a un Presidente do Goberno, como xa fixeron caer a outros líderes políticos, estaríase demostrando que mañá calquer cidadán contrario a eles pode ser vítima da opresión mediática e xudicial da telaraña do PP”.
Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, condenou “a existencia dunha camarilla de poderes fáticos ao servizo da dereita, que fai e desfai ao seu antollo. Queren o Goberno para usar o BOE, o resto de poderes téñennos dende o 36”. “O can morreu na cama no 75, pero deixamos á raiba estenderse polas nosas institucións”.
“O luns, indistintamente da decisión que asuma Pedro Sánchez, con quen non solidarizamos, seremos continxentes, cómpre pasar á acción, por iso sacaremos tamén unha campaña de afiliación para reivindicar a lexitimidade deste Goberno e das súas medidas” adiantou o líder novo.
“Esta batalla trascende ao tempo. É a historia da humanidade, e a loita de quen prefire morrer de pé a vivir de xeonllos” sentenciou finalmente o mozo socialista.
PNL Matrículas Universitarias
Doutra banda, o mozo socialista lamentou que Alfonso Rueda se quedase a medio gas coa medida da gratuidade das matrículas universitarias. “Fixeron unha medida de clases, omitindo a necesidade da súa universalidade. Non se pode condicionar a gratuidade aos aprobados, a meritocracia non existe salvo que sexas rico”.
Criticou tamén que deixaran de lado a extensión da iniciativa aos Másters e que non fosen claros coa súa financiación.
ABONO DE ALUGUER
Na liña da PNL, tamén había unha proposta para sacar unha bolsa para estudantes con problemas económicos, que lles axudase a afrontar o pago da wifi, gas e luz, a cal tamén rexeitaron.
Doval criticou a “cara tan dura do PP para tardar 2 anos en resolver unha convocatoria tan simple como a do abono de aluguer, que dependía só da orde de chegada”. “Aínda por riba, poñen como escusa que non teñen cartos, cando o 70% do orzamento de vivenda son fondos estatais ou europeos, e deixan se executar máis da metade”.
Xuventudes Socialistas de Galicia