-
- A organización moza presentou a súa campaña electoral “EU en Galego. +Europa, +Galicia” coa que sairán a pedir o voto para que “nos próximos 5 anos se siga a falar de Galicia en Bruxelas”
- Iago Carril, secretario de política europea, expuxo que “a campaña xira entorno a importancia da UE para os retos de futuro de Galicia e da mocidade galega”
- Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, manifestou o “PSdeG é o único partido que pode presumir de traballo e logros en política europea real para Galicia”
Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron a súa campaña electoral “EU en Galego. +Europa, +Galicia” coa que sairán a pedir o voto para que “nos próximos 5 anos se siga a falar de Galicia en Bruxelas”.
Dende a organización xuvenil queren animar á xuventude a saír a votar socialistas o próximo 9 de xuño, “nun intre onde a ultradereita volve a ameazar a Europa e onde quedan moitos deberes pendentes en materia laboral e medioambiental para a mocidade”.
Na imaxe, Nicolás García Gasares, o actual eurodeputado co cal realizarán numerosos repartos por toda Galicia, así como un acto mozo o próximo martes 28 en Santiago de Compostela, no que tamén estará José Ramón Gómez Besteiro e compañeiros de JSE da candidatura.
Dende a organización moza poñen en valor o traballo feito polo candidato galego, quen destacou pola seu logro do abaratamento do custe da luz para moitos fogares de Galicia, así como diversas medidas relacionadas coa transición enerxética.
- Iago Carril, secretario de política europea, expuxo que “a campaña xira entorno a importancia da UE para os retos de futuro de Galicia e da mocidade galega”.
- “Nico representa a esa mocidade que aspira a atopar unha vivenda en Galicia; a que lle preocupa que os seus montes e ríos sexan vítimas dunha crise ambiental; a que se impregna da diversidade cultural de Europa co Erasmus; ou a que quere emprender ou que lle paguen as súas prácticas”. Engadiu o socialista.
- Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, manifestou o “PSdeG é o único partido que pode presumir de traballo e logros en política europea real para Galicia”. “Europa é unha realidade galega porque temos a un galego pensando nela todos os días”. “Ser galeguista e non europeísta é, para nós, unha contradición coa nosa historia como pobo”.
Doval cuestionou a “un PP aliado de Orbán, que bloqueou os fondos Next Generation tanto en Bruxelas como en Santiago, e a un BNG ‘botafumeiro’ que estivo desaparecido a metade da lexislatura polos seus acordos electorais”
PALESTINA
Dende a organización moza cualificaron de “Xenocidio” o que está a sucedes en Palestina actualmente, e ven xusto que “ A Corte Penal Internacional considere a Netanyahu un criminal de guerra contra a humanidade”.
“Non podemos seguir mirando a outro lado, cando xa vivimos un xenocidio no século XX e unha invasión ilegal a un país en 2022. Cómpre que a UE tome posicións e recoñeza o Estado Palestino. Non podemos afrontar unhas eleccións coa conciencia tranquila cando xa levan 12 mil rapaces asasinados dende outubro”.
Neste senso, a organización parabenizou á mocidade galega que se está a mobilizar nos campus estes día
Xuventudes Socialistas de Galicia