A organización presentou a súa campaña de cara o 25N esta mañá onde denuncian que “a violencia machista non só é física” e que “as redes sociais axudan a amplificar e normalizar conductas machistas da manoesfera”
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2024
A secretaria de igualdade de XSG, Jimena Sierra Vázquez, lanzou a campaña da organización moza de cara o 25N, Día Mundial contra a Violencia de Xénero. Co lema “A regra non ten excepcións. Mide os límites” a moza quere sinalar que “non existe actitude inofensiva cara as mulleres se detrás hai un dano, xa non físico, se non psicolóxico, económico ou de outra índole”.
Deste xeito a organización moza recalca quere recalcar que “a violencia machista pódese manifestar de moitos xeitos, dende comentarios pola rúa, no fogar, no traballo, nos medios, ata o feminicidio”.
As xuventudes socialistas consideran que “as accións non físicas adoitan estar invisibilizadas, posto que están máis interiorizadas e usadas de xeito cotiá”. En todo caso, para elas non deixa de ser “ser menos ofensivas ou perigosas que o acoso ou a violencia física. Por iso, ‘non hai excepcións na regra’”.
Sierra sinala ás redes sociais como “o engraxador perfecto da violencia machista. Serven como amplificador e normalizador de conductas nocivas como o acoso, o insulto, a humillación e ata a ameaza, sobre todo contra as mulleres públicas”.
“Só en España o 80% das mulleres de 16 a 24 anos sufriron ciberacoso” segundo un estudio do Observatorio Stop Machitroles. Entre algunhas accións destaca a sextorsion, como exemplo de misoxinia exacerbada da “manoesfera”. “Por este motivo, XSG sacamos un violenciómetro para visibilizar a escalada da violencia machista nas redes sociais”, engadiu a rapaza.
O violenciómetro consiste nunha plantilla de IG Stories que estará dispoñible na web de XSG xsgalicia.org, como nas destacadas da propia organización. A plantilla deberase encher con conductas machistas para podelas dar a coñecer e concienciar sobre elas.
A maiores, a organización moza ten previsto as seguintes actividades:
- Venres 22 de novembro: lectura do manifesto de XSG xunto As Marías (Alameda de Santiago, 12:00H).
- Luns 25 de novembro:
- Vídeo en colaboración con XSG-Ourense sobre Asunción, a primeira vítima de violencia machista da que temos rexistros ni século XIX.
- Participación nas manifestacións convocadas en todo o país. A central de XSG será na Coruña, pola tarde, cunha pancarta propia.
Xuventudes Socialistas de Galicia
Leave A Comment