A organización xuvenil estivo en Ponteareas este fin de semana falando do Banco Público de Aluguer, unha medida que facilitaría o acceso a unha vivenda digna con garantías xurídicas para os propietarios.
Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2025.
As Xuventudes Socialistas de Galicia participaron nun reparto na vila de Ponteareas xunto con membros da corporación municipal e o seu secretario xeral, Delfín Domínguez, para promocionar a iniciativa do Banco Público de Aluguer.
A proposta socialista consiste en que a Xunta actúe como órgano intermediario entre propietarios e a cidadanía, co fin de mobilizar todas as vivendas baleiras que existen na actualidade. Dende a organización considérana bastante atractiva posto que se lles daría aos propietarios as axudas necesarias para a rehabilitación, como para o certificado enerxético, xunto con todas as garantías xurídicas.
Defenden que esta iniciativa “xa leva 20 anos funcionando en País Vasco con éxito, e estase a propor dende concellos do PP como Porriño, ou incluso por parte do propio Feijóo”. “Ademais, o goberno municipal de Ponteareas presentou esta semana unha iniciativa similar, aínda que con bastantes flocos”, engaden dende a organización.
“Mentres o PP vende como pioneiro as residencias universitarias ata os 36 anos, nós queremos emanciparnos e poder facer a nosa familia sen ter que compartir baño, cociña ou salón con descoñecidos”, sinalan dende a organización socialista.
Leave A Comment