XSG: “Celebramos a reforma do aceso e tramitación ás Becas MEC pero esiximos que a Xunta tamén se adecúe aos novos prazos”
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebran que o Goberno de España cumpra cunha reivindicación histórica do estudantado, xa que por primeira vez contará coa resolución da beca MEC antes da tramitación da matrícula do seguinte curso académico, sabendo en tempo e formas da súa aprobación e contía.