- As Xuventudes Socialistas estiveron esta mañá no Campus das Lagoas en Ourense, dípticos da súa campaña “Revolta nas aulas” que recollen unha serie de iniciativas socialistas para mellorar o sistema educativo.
- Alba Iglesias, secretaria xeral local e concelleira, aproveitou para denunciar que “por segundo ano consecutivo, case 100 familias quedan á espera das axudas municipais de material escolar e comedor, nun intre de máxima necesidade onde o orzamento segue conxelado”
- Xurxo Doval, secretario xeral nacional, sinalou que “a Xunta debe asimilar o seu papel coa educación pública, á cal destinan 3 veces menos que ás prazas privadas, porque para eles a educación é un privilexio, para nós, un dereito”
Santiago, 29 de setembro de 2023
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) estiveron esta mañá no Campus das Lagoas en Ourense, dípticos da súa campaña “Revolta nas aulas” que recollen unha serie de iniciativas socialistas para mellorar o sistema educativo. Con elas, achegáronse tamén a secretaria xeral e voceira local do PSdeG, Natalia G. Benéitez e a concelleira María F. Ojea.
Entre as medidas destacan a primeira matrícula gratuíta na universidade, financiación completa do comedor escolar, paralización do desmantelamento da FP presencial, melloras na conectividade online e transporte…
Alba Iglesias, secretaria xeral local e concelleira, aproveitou para denunciar que “por segundo ano consecutivo, case 100 familias quedan á espera das axudas municipais de material escolar e comedor, nun intre de máxima necesidade onde o orzamento segue conxelado”.
A organización lembra que é un problema palpable a desidia do PP pola educación na provincia: “En 20 anos pecharon máis de 18 colexios e perdéronse máis de 100 aulas, recentemente no CEIP A Ponte as familias estanse a mobilizar pola perda de 3 profesionais, un pedagogo”.
Xurxo Doval, secretario xeral nacional, sinalou que “a Xunta debe asimilar o seu papel coa educación pública, á cal destinan 3 veces menos que ás prazas privadas, porque para eles a educación é un privilexio, para nós, un dereito”.
O líder galego sentenciou que “parece que vivimos nun día da marmota constante, onde para o PP nada mudou dende 2010, nin as bolsas universitarias que levan conxeladas 5 anos, só cambiaron as súas contradicións para financiar cheques deportivos electoralistas e non os libros de texto”.
Xuventudes Socialistas de Galicia
Leave A Comment