As Xuventudes Socialistas denuncian a marxinación da mocidade e o colapso do transporte público da Xunta de Galicia

As Xuventudes Socialistas de Galicia denuncian a marxinación da mocidade pola Xunta de Galicia en materia de transporte. Así, insisten na idea de que a Xunta de Galicia está novamente esquecendo as persoas mozas tras o anuncio da administración autonómica de financiar o transporte público por estrada ás persoas maiores de 65 anos.