Noticias
As Xuventudes Socialistas de Galicia reivindican unha alternativa socialista e europeísta na Xunta
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) realizaron en Ourense unha rolda de prensa co gallo do Día de Europa xunto co eurodeputado do PSdeG, Nicolás González Casares, e a secretaria xeral local, Alba Iglesias, diante da estatua de Otero Pedrayo na praza do Correxedir, por ser "un europeísta adiantado ao seu tempo, de fondas raíces galeguistas, como as que viven hoxe no PSdeG".